Clara Pino & Pablo Vidal
Tradición e vangarda

ELAS FAN CAMIÑO
Homenaxeando as nosas poetas
Neste traballo, Clara Pino e Pablo Vidal homenaxean algunhas das nosas poetas, con composicións propias e aportando unha nova ollada.
Novo CD!
XELA
Presentación:
Xoves 2 de decembro ás 20:30h.
Auditorio Xosé Neira Vila, Cidade da Cultura
Santiago de Compostela

Novo album, novo concerto
Os poemas de Xela Arias vestidos coas músicas de Clara Pino e Pablo Vidal.
Xela é un CD compilatorio coas cancións que Clara Pino e Pablo Vidal foron compoñendo para as distintas homenaxes á poeta
nas que participaron ao longo do 2021.

XELA
Poemas: Xela Arias
Músicas: Pablo Vidal e Clara Pino

IRÁS DIRÁS VIRÁS
Homenaxe a Xela Arias
Clara Pino coñeceu a Xela Arias nos seus anos de universidade onde teceron unha grande amizade.
A dedicatoria das Letras Galegas 2021 foi a coartada perfecta para musicalizar os seus poemas.
A iniciativa foi tan gratificante que decidiron gravar un EP cos novos temas compostos.
Nesta homenaxe achegámonos á poeta dende a amizade.

NOWHERE
Música e literatura
O título escollido pola arpista viguesa Clara Pino e Pablo Vidal para denominar o seu primeiro CD conxunto fai referencia aos chamados “non lugares” ou lugares de tránsito.
Os dous autores apostaron neste proxecto, por unha simbiose entre a música autoral e o coidado textual...
9 composicións orixinais acompañadas de 9 textos facendo unha mistura interdisciplinar, entre a tradición e a vangarda.
Entre elas unha nova musicalizacóin do San Simón de Mendinho

Clara Pino & Pablo Vidal
Música con paixón
CLARA PINO (arpa celta, voz).
Compaxina a súa labor como docente coa creación literaria e musical. Entre os seus traballos discográfcos cabe destacar XELA, NOWHERE, LOAIRA, UN DEDO MANCHADO DE TINTA e SETE SAIAS.
Acaba de editar "Fenómeno Fan", o seu primeiro libro de poemas, xunto ao pintor XAVIER MAGALHÂES quen ilustra o libro.
PABLO VIDAL músico multi-instrumentista, compositor e produtor.
Conta cunha longa traxectoria que abrangue diferentes escenas musicáis, desde o jazz ao rock, pasando pola música orquestral e infantil, con constantes colaboracións con outros artistas.
.